Abandonei o escritorio e as butacas e busquei acomodo na cociña. Desde a última morte reconfórtame a dureza das cadeiras. Cambiei para aquí sen decidilo. Sen consciencia de buscar. Precisamente para este centro. Devólveme a casa da infancia. O ruído da neveira cando se acende. Difíreme o pensamento. E oio o boureo de todos. Na brasa da placa eléctrica. Revivo a entrada deles, desde as outras...



