A comezos dos anos noventa visitei por primeira vez ao Servei d´Ensenyament del Català. Esa sección tiña unha importancia moi grande dentro do goberno catalán, a pesar de situarse nun lugar modesto do organigrama institucional. Estaba en xogo a catalanización do ensino, os programas de inmersión, piar identitario, simbólico e cohesivo do novo poder catalán e do propio país. Era importante para...
Papá Stalin
Acusar de rebelión cando non hai violencia perverte os principios democráticos. Ocorre en Cataluña, pero no pasado europeo poden atoparse curiosas semellanzas. Alexander Solschenizyn, un premio Nobel de ideoloxía paleolítica, conta que os bolxeviques ao comezo facían xuízos revolucionarios, até que en 1926 pasan a aplicar o artigo 58 do novo código penal. O punto 2, relata o escritor, refírese á...
Spagna o non Spagna
Limes, a reputada revista italiana de xeopolítica, editou en outubro de 2017 un monográfico sobre Cataluña. Outros números anteriores se aproximaran por aquí con outros temas. Para os galegos é interesante Il Portogallo é grande. Este de Cataluña, titulado Madrid a Barcelona, converteuse xa nunha referencia, polos marcos orixinais ou apenas transitados desde os que aborda o conflito. Tamén pola...
O maior fracaso
Dario Fabri, da revista de xeopolítica Limes, explica nun monográfico sobre Cataluña, de outubro de 2017, que durante varias semanas os EEUU pensaron en soster a causa independentista catalá. A diplomacia e a intelixencia suxeríanlle á Casa Branca abrazala abertamente. Privada España do territorio máis produtivo, sería menos útil ao núcleo forte da UE, liderado por Alemaña, o principal competidor...