Limes, a reputada revista italiana de xeopolítica, editou en outubro de 2017 un monográfico sobre Cataluña. Outros números anteriores se aproximaran por aquí con outros temas. Para os galegos é interesante Il Portogallo é grande.
Este de Cataluña, titulado Madrid a Barcelona, converteuse xa nunha referencia, polos marcos orixinais ou apenas transitados desde os que aborda o conflito. Tamén pola inédita información que manexa. Visións desde os espazos catalán, español, mediterráneo, europeo e global. A sorprendente posición do estado norteamericano. As de Berlín e Bruxelas. O novo nacionalismo español. Como o observan desde o Véneto, fabricante dunha nova identidade; desde Flandes, Escocia, Quebec. A percepción de Euskadi. Non hai simplezas na análise de Galicia, por unha vez. Pero falta Israel, un protagonista moi presente na disputa. Nin unha palabra sobre o vínculo co movemento independentista, cuxos dirixentes principais son simpatizantes entusiastas do sionismo.