Dario Fabri, da revista de xeopolítica Limes, explica nun monográfico sobre Cataluña, de outubro de 2017, que durante varias semanas os EEUU pensaron en soster a causa independentista catalá. A diplomacia e a intelixencia suxeríanlle á Casa Branca abrazala abertamente. Privada España do territorio máis produtivo, sería menos útil ao núcleo forte da UE, liderado por Alemaña, o principal competidor de EEUU en Europa. O Pentágono impúxose finalmente: a primeira obriga dun imperio é soster o seu status quo. Tamén pesaron as bases militares de intervención en África e Oriente, como a de Rota, e o recoñecemento recente de Xerusalén como capital de Israel, que podía desestabilizar no outro extremo do Mediterráneo. Quizás por iso tamén o estado sionista, o segundo aliado máis querido e desexado do independentismo, se teña retraído. Rajoy foi a Washington o 26 de setembro e logrou o apoio de Trump.
Como non ía confiar o estado español na extradición de Puigdemont desde Alemaña?
Limes. Rivista Italiana di Geopolitica. Madrid a Barcellona. 10 / 2017