Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Mapas de fuga

Por mor da vellez, ás avoas africanas permitíaselles saír, tiñan liberdade para moverse por fóra da facenda. Tamén se xuntaban no patio coas nenas pequenas e alí se agarimaban. No cabelo e nas tranzas das súas netas proxectaban os territorios que foran coñecendo e outros aínda máis distantes, sobre os que conseguiran información intencionadamente. Elaboraban peiteados requintadísimos, con planos precisos para que os homes estudasen coidadosamente antes de fuxir. Aparecían as posíbeis saídas, os camiños, os pasos, os corredores. Situaban os ríos, as árbores e os promontorios. Establecían marcas se o terreo era moi pantanoso e indicaban a presenza das tropas con regos como de arado. Os homes deducían os accidentes dos volumes capilares, as proporcións e até as curvas de nivel. Mirando entre os cabelos das fillas obtiñan o esquema.

Leocadia Mosquera é unha mestra chocoana. Naceu neta de escravos e aínda coñece hoxe ese código, que para os amos sempre foi indescifrábel.

La poética del peinado afrocolombiano. Lina María Vargas. 2003.
Trenzología Mágica é unha páxina luminosa e sutil de Facebook.

 

Sobre o autor

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha