Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Divisións

Perdede coidado, non vou falar de unidade e división nas forzas políticas, senón doutras divisións.

Hai uns días escoitei a unha persoa xubilada que ía nunha manifestación en defensa das pensións que quen tiñan que estar alí eran os mozos e mozas que son os/as que teñen en perigo as súas futuras pensións. Concordo con esta opinión pero podería estar mal visto que a mocidade fora a esas manifestacións porque, desde hai tempo, o sistema está compartimentando a sociedade e dividíndoa o mais posíbel. Non quero dicir que non haxa distintos intereses entre grupos sociais diferentes, pero isto comeza a ser excesivo. Estamos compartimentados por idades, por profesións, por orientacións sexuais, por hábitos de consumo, por gustos musicais, etc.

Saír dos compartimentos nos que nos queren meter para enfrontar directamente as divisións que fan inxusto a este sistema, non é doado, xa o sei, pero é necesario.
E isto condúcenos a dúas realidades que, desde o meu punto de vista, achegan poucas cousas boas á sociedade. Unha delas é a extensión do corporativismo nas reivindicacións e na visión do mundo como é doado comprobar nos últimos tempos. Outra é a ausencia de proxectos ou loitas globais que unan distintos sectores sociais para conseguir cambios reais neste sistema inxusto no que vivimos. Por non falar das discriminacións por causa de relixión, sexo ou raza. Por exemplo, se un atracador rouba nunha tenda o titular da noticia pode ser de dous tipos: se o atracador é un “español de raza branca” o titular probablemente dirá, de xeito aproximado: “un atracador leva diñeiro dunha tenda”; se o atracador é doutra raza, existen moitas posibilidades de que o titular diga, aproximadamente: “un individuo de orixe X atraca unha tenda e leva o diñeiro da mesma”. ¿Este tratamento da noticia é falso ? Non é falso, é sinxelamente racista.

Sen embargo, as divisións que poderían botar luz sobre a propia natureza do sistema e sobre o camiño a transitar para conseguir que sexa mais xusto e mais humano, son precisamente as que son ocultadas con teimosía. Por exemplo, hoxe apenas ouvimos falar de clases sociais que explicaría por que unhas persoas son ricas a conta doutras que son pobres. Tamén se trata de ocultar que existen relacións de dominio e dependencia entre as nacións que poderían explicar as reivindicacións independentistas, por que nuns países se vive mellor que noutros e por que hai migrantes que foxen cara Europa aínda pasando grandes calamidades e sufrimentos. E así observamos os esforzos desesperados da ideoloxía dominante na maioría dos medios de comunicación para tratar de meternos na cabeza que estas divisións non existen, que nesta sociedade todas as persoas e todos os países temos as mesmas oportunidades e se hai diferenzas é un problema da propia persoa ou do propio país.

Saír dos compartimentos nos que nos queren meter ( ou cando menos manterse á marxe deles) para enfrontar directamente as divisións que fan inxusto a este sistema, non é doado, xa o sei, pero é necesario.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

1 comentário

Leave a Reply to Isabel Cancel reply

  • Gracias pola túa Valentía ó decir as cousas tan claramente. Se todos fixexemos o mesmo o mundo podría ter Esperanza…. Gracias!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha