Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Eucaliptos

Estes días estase a falar moito sobre se o eucalipto é ou non é unha especie invasora. Eu non vou entrar nese debate porque hai persoas moito mais capacitadas ca min que xa o fixeron ou que poden facelo calquera día. Sen embargo boto de menos que non se poñan de manifesto coa suficiente contundencia outros aspectos da eucaliptización que non deberían ser obxecto de controversia científica, senón de controversia ideolóxica, política e/ou económica.

O primeiro aspecto a ter en conta é que a política de forestación masiva con eucaliptos non consegue mais que afondar na dependencia económica de Galiza (dependencia colonial se diría hai trinta ou corenta anos). Como ben nos recorda David Soto (1) no seu excelente e recente traballo sobre os fluxos de biomasa, na actualidade non semella que os agroecosistemas galegos teñan unha dinámica propia destinada prioritariamente a satisfacer as necesidades do país, xa que, pola contra, a principal función dos mesmos é a de ser os principais provedores de produtos forestais e gandeiros para o Estado Español. Polo tanto a eucaliptización non só é un problema ambiental, senón político-económico xa que se expande para servir necesidades alleas e non necesidades propias.

compre non esquecer que as plantacións de eucalipto son un certo xeito de acaparamento de terras, é dicir unha maneira de quitarlle aos seus donos/as a propiedade das mesmas
En segundo lugar, de acordo co que se explica nas universidades e nos centros de ensino, o monte ten unha tripla función: económica, ambiental e recreativa. E as tres teñen valor económico. Algunhas comunidades autónomas, como Estremadura ou Euskadi teñen feito unha valoración integral específica para os seus montes, cousa que creo non ocorre en Galiza (oxalá estea equivocado). En comunidades autónomas cunha renda da función produtiva do monte inferior ou similar á de Galiza, conseguen unha renda total semellante ou mesmo superior (caso de Asturias) debido ao maior peso das rendas recreativas e ambientais. Haberá que preguntarse cal é o valor da función ambiental e recreativa das plantacións de eucalipto. Probablemente o valor da función produtiva non compense o previsíbel escaso valor destas outras dúas funcións.

O terceiro aspecto é a contribución da eucaliptización á desertización do medio rural. As plantacións de eucalipto reducen as necesidades na xestión da terra xa que a práctica indica que o traballo que se emprega no mantemento deste cultivo é mínimo. Isto leva a que haxa pouca necesidade de mao de obra para atender ás terras plantadas con eucalipto e que, como consecuencia, exista menos necesidade de mao de obra no rural. Crean, polo tanto, condicións favorábeis para que a xente o abandone.

En terceiro lugar, compre non esquecer que as plantacións de eucalipto son un certo xeito de acaparamento de terras, é dicir unha maneira de quitarlle aos seus donos/as a propiedade das mesmas. Non tanto a propiedade legal pero si a real.

O problema non é a falla de ordenamento forestal senón a existencia dun ordenamento forestal que favorece uns intereses e prexudica outros.
Como ben dicía Marta Harnecker (2) hai mais de corenta anos, só hai propiedade real si existe poder real de usar, gozar e dispoñer dos medios de produción e, polo tanto, dos produtos obtidos no proceso de produción. E iso non se da na inmensa maioría das plantacións de eucalipto. Pola contra o que se produce é unha concentración de usos. Pódese estimar que unha soia empresa absorbe e controla a produción de, aproximadamente, o 19-25% do total da superficie agraria e forestal de Galiza. Certo que non o fai, desposuíndo á xente da propiedade legal da súa terra pero si desposuíndoa da propiedade real e exercendo un control sobre o que se produce e como se produce. E isto faino a traveso de mecanismos semellantes aos que xa coñecemos de vello noutros sectores (por exemplo o modelo das cadeas integradoras na gandería industrial).

En relación co anterior atopamos que se incide moito en que fai falla un ordenamento forestal. Como si agora non houbera ordenamento forestal! Algunha instancia política e económica, ou varias, está facendo un ordenamento forestal que se ten amosado eficiente no cumprimento dos seus obxectivos e moi útil para os seus intereses. O problema non é a falla de ordenamento forestal senón a existencia dun ordenamento forestal que favorece uns intereses e prexudica outros. Desde o meu punto de vista os que saen prexudicados son os intereses actuais e, sobre todo os futuros, dunha maioría da poboación do pais.

O debate pois non é si o eucalipto é bo ou mao, porque as dúas cousas son certas. É bo para uns colectivos e mao para outros. A cuestión a dilucidar é para quen é bo e para quen é mao. E despois obrar en consecuencia.

(1) Soto Fernández, D. (2015) . “Del manejo multifuncional del territorio a la desarticulación produtiva: cambios en los flujos de biomasa durante el proceso de industrialización de la agricultura gallega (1960-2012)” . Sociedad Española de Historia Agraria – Documentos de Trabajo. DT-SEHA 1505 . ISSN: 2386-7825
(2) Harnecker, Marta. 1976. Los conceptos elementales del materialismo histórico. Siglo veintiuno editores, S.A. ISBN: 84-323-0101-1976

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

2 comentários

Leave a Reply to Alberto comesaña Cancel reply

  • Yo soy agricultor y tengo eucaliptos, y siento no estar de acuerdo con su opinión. El eucalipto tiene muchos problemas, pero, hoy por hoy produce dinero .
    La gente del campo producimos lo que el mercado demanda, de hecho, el eucalipto financia otras actividades agrícolas y ganaderas mas deficitarias que serían insostenibles sin su apoyo. La gente, la mayor parte de las veces por candidez, nos señala todo tipo de alternativas al eucalipto que según su opinión serían mejores para Galicia, el problema es que la mayor parte de la gente que opina son personas que no han cultivado nunca nada en su vida, no saben lo que es una explotación agrícola y proponen alternativas que ellos mismos nunca llevaron a cabo. Desde un cargo político o desde una universidad es muy facil ver defectos en lo que hacen los demás.
    Por último, yo, y la gente que me rodea, no sabemos a que viene esta manía de que la gente no plante eucaliptos en terreno agrícola, si el terreno es tuyo y no puedes o no quieres cultivarlo es la mejor opción, pero hoy en día vamos a un mundo donde la Xunta quiere decidir lo que vas a plantar en tu terreno, y con esto, uno no puede decir que es propietario de un terreno, será gestor o otra cosa, pero propietario no.

    • Unha ha de eucaliptos da uns beneficios brutos de 100 euros ó mes. O cal é unha trapallada. A única razón para plantalo é porque é un cultivo cómodo e rápido.

      O eucalipto é un cultivo forestal polo tsnto non se pode prsntar nunha parcela agraria a non ser que a Xunta conceda o cambio de actividade.

      Ter a propiedade de algo non te permite facer o que queiras nela. Acaso podes construir unha casa onde te pete? Podes tirar basura? Podes vender a terra e deixar a parcela na rocha nai? Non.

      O gran problema é que as plantacións de eucaliptos non pagan os danos medioambientais e sociais que producen, se o fixeran ninguén o prantaría e isto sucede porque os cargos públicos da Xunta prefiren gobernar un pais de merda.

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha