Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Noticias?, Onde?; Alternativas?, Cales?

Nos últimos tempos apenas escoito programas informativos na radio nin os vexo na televisión e case non leo os xornais. Pero ás veces teño interese en determinada noticia. Daquela poño os informativos de varias cadeas de radio e televisión e repaso distintos xornais buscándoa. Pero non consigo chegar a coñecela porque en lugar de encontrar información que describa os feitos ou diga o que aconteceu permitindo que forme a miña propia opinión o que encontro son opinións xa formadas a xeito de comentarios e valoracións sobre a noticia feitas a nivel individual ou en “tertulias”.

Parece como se os poderes económicos, que por medio dos grandes grupos de comunicación (e non tan grandes) influíron e inflúen decisivamente na nosa forma de pensar, estean dando un paso máis. Semella que xa non pretenden unicamente influír na nosa forma de pensar senón dicirnos descarada e imperativamente o que temos que pensar. Dito doutro xeito semella que pretenden pensar directamente por nós. O peor é que observo xente autoconsiderada e considerada progresista, de esquerdas ou nacionalista que acata esta situación.

E nese mesmo sentido tamén observo que gran parte das organizacións de esquerdas e/ou nacionalistas teñen unha forte dependencia dos medios de comunicación. Semella que non entenden outra forma de facer política que non sexa a través deles. Da a impresión de que xa abandonaron case completamente a práctica de chegar directamente á xente coa súa actividade política e agora póñense nas mans dos medios de comunicación para que, na maior parte dos casos, sexan única e exclusivamente estes os que a fagan chegar a cidadanía.

Actualmente en lugar facer públicas ideas, propostas ou análises, o que se acostuma a facer público son… fotos. Cando hai un problema case nunca vexo que as organizacións poñan sobre a mesa alternativas estudadas e transformadoras para afrontalo, nin que se debatan coas persoas afectadas, pero si vexo case sempre que dirixentes e militantes das mesmas se desprazan ao lugar ou ao sector onde xurdiu o problema para sacarse unha foto. A imaxe e o marketing político en substitución das ideas.

Pero poñerse nas mans dos grandes medios de comunicación é poñerse nas mans dos poderes económicos que non son precisamente partidarios de que exista un mundo mellor con menos (ou ningunha) opresión, inxustizas e explotación, senón inimigos acérrimos do mesmo. E isto é moi perigoso para as organizacións que verdadeiramente pretenden construír unha sociedade máis xusta e máis humana.

Non deberiamos deixarnos confundir polo espellismo de que, ás veces, os grandes grupos de comunicación se fagan eco do que fan as organizacións que traballan para alcanzala ou incluso as traten ben. Desde o meu punto de vista cando isto ocorre pode ser debido a dúas razóns. Ao mellor os poderes económicos déronse conta de que estas organizacións xa non queren transformar a sociedade e xa non constitúen unha ameaza para os seus privilexios. Ou se cadra están poñendo en práctica a estratexia de facerlles propaganda entre a cidadanía para despois, cando consideren que o nivel de estima desta cara elas chegou a ser o suficientemente alto, descualificalas provocando unha caída moito máis forte do crédito social que teñen estas organizacións e un desprestixio que talvez xa sexa irreparábel ou moi difícil de reparar. Oxalá me equivoque, mais o perigo existe e é real.

En todo caso teño a esperanza de que nalgún momento isto cambiará porque ao noso pobo intelixencia e vontade de facer unha sociedade máis xusta e máis humana non lle falta.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

1 comentário

Leave a Reply to Felisa Cancel reply

  • Concordo contigo.
    A falta de contacto dos partidos nacionalistas e de esquerdas coa xente e do debate directo con ela,indudablemente, favorece o aborregamento e o pensamento único.
    Ignorar os mass mediae as redes é deixar de existir por canto os medios alternativos só os buscan persoas con espíritu crítico.
    Combinar equilibradamente ambas faise necesário para as organizacións políticas que aspiran a gobernar e queren facer deste mundo un lugar habitable e unha sociedade mais xusta.
    O marketing pode ganar elecións pero se non procuramos a conscientizazon da sociedade non cambiaremos nada

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha