Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Virá de fóra o aprecio polo minifundio?

Hai unhas semanas saíu en distintos medios de comunicación unha noticia que me interesou. Non sei se reparastes nela. Vou recoller a que se reproduce na web de “agricultura digital”. Nela dise:

Formar espazos agrícolas con parcelas pequenas e diferentes tipos de cultivos beneficia a biodiversidade de plantas e animais máis que incrementar hábitats semi-naturais, segundo unha investigación internacional que acaba de publicar a revista estadounidense PNAS na que participan diversos centros de investigación españois.

O estudio, segundo se indica na mesma noticia, está liderado polo Instituto Nacional de Investigación Agronómica de Francia (INRA) e o Centro Nacional para a Investigación francés (CNRS). Participan centros de investigación de Canadá, Alemaña, Suíza ou Hungría. E dentro do Estado Español de Alacante, Murcia, Madrid e fundamentalmente Catalunya.

Se seguimos lendo podemos atopar este fragmento:

O artigo pon en valor estas parcelas pequenas (…/…) Afirma que un mosaico complexo favorece a biodiversidade, mantendo ao mesmo tempo a superficie en produción.

Curiosamente ningún centro de investigación ou universidade galega ten participado neste traballo. Polo menos non aparecen citados na noticia. Se fora certa a ausencia neste estudio de investigadoras ou investigadores de Galiza, o país do minifundio, isto sería un síntoma non demasiado bo (por dicilo suavemente) do grao de compromiso do sistema de investigación galego coa súa terra. Refírome ao sistema globalmente, pero non teño ningunha dúbida de que hai destacadas excepcións. Por outra banda, a miña fonte de información é a noticia recollida máis enriba polo que si non se corresponde coa realidade e realmente si houbo participación galega na investigación estarei moi contento de rectificar o que acabo de escribir.

Iso non quere dicir que aquí non se defendan unhas ideas semellantes aínda que sexa de forma bastante minoritaria. Por exemplo, historiadoras e historiadores da USC xa teñen posto de manifesto dende hai algúns anos que esa agricultura galega cualificada de atrasada foi, sen embargo, unha das mais produtivas de Europa. Eu mesmo teño falado en defensa do minifundio dende hai algúns anos. E no libro O pequeno é grande escrito xunto ao compañeiro Emilio Carral Vilariño, tratamos de achegar datos e ideas para “poñer en valor” a agricultura en pequena escala. Por certo a expresión “poñer en valor” non me gosta nada pero utilízoa aquí para enlazar coa mesma que se emprega no artigo.

O propio Emilio Carral leva moitos anos explicando nas súas aulas as mesmas conclusións ás que chegaron tantos centros de investigación no mundo. Claro que moitas veces, a observación, o estudio e a reflexión sen ideas preconcibidas permiten chegar a conclusións moi claras. Agardo que ao seu alumnado lle sexan proveitosas estas ensinanzas. A ver se, comezando pouquiño a pouco, somos capaces de reconsiderar a percepción maioritaria sobre o minifundio.

Xa nos tivo que vir dende fóra o recoñecemento como patrimonio cultural inmaterial da humanidade para as construcións de pedra seca, entre outras, eses valados tan abundantes e desprezados no noso país. Sen embargo, neste caso, agardo que desde dentro da propia Galiza mudemos o noso xeito de ollar e valorar o minifundio. Pero mentres os galegos e galegas non empecemos a velo desde outra perspectiva diferente á que actualmente temos, benvida sexa, por esta vez, o recoñecemento da súa valía que nos chega dende fóra.

Sobre o autor

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Comenta aqui!

Comenta aqui!

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas

Elias J. Torres Feijó

Tenta trabalhar coletivamente e acha que o associativismo é a base fundamental do bom funcionamento social e comunitário. A educação nos Tempos Livres é um desses espaços que considera vitais. Profissionalmente, é professor de Literatura, em origem, e, mais, na atualidade, de Cultura.

Xoán Carlos Carreira Pérez

Doutor engenheiro agrónomo, professor de Engenharia Agroflorestal na Universidade de Santiago de Compostela. Autor de vários livros e artigos científicos, tem colaborado em diversos meios de comunicação, como A Nosa Terra, El Progreso, Vieiros e Praza Pública.

Xosé Manuel Sarille

Polemista e tamén escritor. Autor do ensaio "A Causa das Mulleres". A quen lle interese lelo pode solicitalo neste blog e enviaráselle ao enderezo correspondente sen custo ningún do exemplar nin do transporte.

Manuel Jordán Rodríguez

Lembrado e Querido Manuel Ánxel

Viva Cerzeda

Espaço público, Cultura, Política, Comunidade, Território, Pessoas… Viva Cerzeda é a comemoração, para nós, da amizade, do bom humor sempre que possível e de tentar contribuir com algumhas ideias e opiniões para entender(mos) e atuar(mos) do melhor modo o mundo… É ambicioso mas é-che o que há… e para mais não damos…

Contacta-nos aqui

Acompanha